Como divulgadora

A ciencia non pode permanecer oculta nos recónditos espazos dunha biblioteca ou en desorganizados arquivadores de oficina. Micrófono en mano, súbome ó escenario e fago monólogos de ciencia. Ou con xeo e plastilina visito colexios para facer un experimento xunto ós máis novos. Ou vou a un museo, a unha biblioteca. Ou cóntolle ó panadeiro como van os meus experimentos. A cuestión é que a ciencia chegue ás persoas, a través de risas, inspiración, curiosidade ou entretemento.

Aínda que as publicacións científicas con linguaxe especializado son necesarias, son as relación persoais as que cambian ó mundo.

 

Durante o curso escolar 2015-16 traballei en divulgación científica con Education Through Expeditions (ETE) visitando máis de 50 centros escolares en Reino Unido e Chipre. Traballei con infantil, primaria e secundaria impartindo charlas e talleres relacionados coas rexións polares e a miña expedición ás Svalbard

– Gañadora do concurso de monólogos científicos Famelab España 2016

– Segundo posto en International Famelab 2016 representando a España

– Gañadora do concurso de vídeos de ciencia da Fundación Aquae 2017

– Gañadora de Somos Científicos (zona Mg) 2017