Homeward Bound

A iniciativa Homeward Bound aspira a construír unha rede global de mulleres dedicada a fortalecer o liderado feminino e a influír na toma de decisións en beneficio do noso planeta.

O proxecto comezou no 2016 ata agora 331 mulleres de 40 nacionalidades e 25 disciplinas científicas sumáronse á rede. O reto? Chegar a ser 1000 no 2026.

Teño o orgullo de ser unha das 75 mujeres que conforman a quinta cohorte. A partir de Novembro de 2019 recibiremos formación sobre liderado, xestión de equipos, relacións internacionais e financiación de proxectos. A experiencia culminará cunha expedición á Antártida de 3 semanas a finais do 2020. Ademais do networking e aprendizaxe, o proxecto brinda unha gran visibilidade ás súas participantes grazas á súa ampla cobertura internacional. Nun contexto no que non é frecuente que os medios de comunicación falen das mulleres na ciencia, Homeward Bound captou a súa atención -ata a data de hoxe a iniciativa chegou a mil millóns de persoas. 

Que isto non pare!

Na Unión Europa o 72% dos postos de responsabilidade en empresas están ocupados por homes [1]

En Estados Unidos é común que entre senadores, gobernadores e xuíces federais haxa máis homes chamados John que mulleres [2]

Unha de cada 3 nenas ten medo a ser líder por ser considerada «mandona» [3] 

A inicios do 2017 só 15 de 146 países eran gobernados por mulleres [4]

A UNESCO sinala que a porcentaxe de mulleres investigadoras no mundo é menor ó 30% [5]

A Antártida é o fogar do 90% do xeo do planeta. Salvaxe e inhóspita, é unha icona da exploración polo descoñecido e un lugar de referencia para estudos científicos sobre cambio climático. E non é para menos, o avance e retroceso dos xeos do continente ten influencia a nivel planetario. Nalgunhas das súas zonas (a Península Antártica) rexistrou algún dos maiores aumentos da temperatura dos derradeiros 50 anos.

A expedición Antártida é a guinda do pastel do proxecto. Tras un ano de aprendizaxe a distancia, as 75 científicas reunirémonos nun dos lugares máis remotos do planeta para completar o desenvolvemento de habilidades básicas de liderado como a toma de decisións en equipo o a capacidade para solucionar problemas. Ademais, coñeceremos a ciencia máis pioneira sobre cambio climático, captando atención internacional cara á nosa causa [BBCForbesTimeHuffPostVogue, etc.]

Programa virtual de liderado de 11 meses da man de expertos como Fabian Dattner ou Kit Jackson 

– 3 semanas de expedición á Antártida a finais do 2020

Sesións de coaching con Human Synergistics, expertos mundiais en liderado

– Formación sobre cambio climático da man de diferentes académicos

Liderado si, pero para que?

O liderado require uns criterios ben definidos. Estes son os 3 valores principais que gustaríame desenvolver durante o programa

A visibilidade sen valor é soamente vanidade

Bernard Kelvin Clive  
  • Intelixencia de enxame: crear unha rede colectiva, non xerarquizada

Estudando as formigas comprendín como a supervivencia depende da súa capacidade para organizarse. Na miña investigación actual vexo como unha pesca sostíbel baséase en estratexias de cooperación. E que o foco de atención debe estar no equipo, e non sobre o propio líder

  • O poder da vulnerabilidade: parar de ser o que cres ser para traballar en quen queres ser

Cuestionarte os teus comportamentos e recoñecer erros. Mostrar emocións. E se esa vulnerabilidade da que foxes é a que che fai ser un líder auténtico e xenuíno?

  • Pódese aspirar a algo que non se ve?: aumento da visibilidade da muller lonxe do rol tradicional

Tras unha expedición en Svalbard, traballei para Education Through Expeditions (ETE) visitando centros escolares. Trataba de inspirar ós mozos para que se formularan carreiras que non coñecían (como científico polar) porque, pódese querer traballar de algo que nunca se viu? Antes da miña visita os nenos debuxaban ó explorador que ían coñecer e tras visitar máis de medio cento de colexios en ningún caso debuxaron unha muller. Poden as nenas aspirar a retos sen a visibilidade de mulleres que sirvan de referente?

[1] Grant Thornton. Women in business: Building a blueprint for action (2019) pag 10

[2] Claire Cain Miller, Kevin Quealy and Margot Sanger-Kat. The top jobs were women are outnumbered by men named John. The New York Times. April 24, 2018

[3] Lisa Hinkelman. The Girls´ Index: New insights into the complex word of today´s girls. Columbus, OH. Ruling our eXperiences Inc

[4] A.W. Geiger and L. Kent. Number of women leaders around the world has grown, but they´re still a small group. Pew Research Center. March 8, 2017

[5] UNESCO Institute for Statistics (UIS). Women in Science Fact Sheet. June 2018