Ola!

Promovendo un cambio

Os polos derrétense, as especies en perigo de extinción aumentan e a desigualdade social prevalece ata nos países máis ricos. Son grandes desafíos que nos convocan a todos pero, estamos xuntos para combatelos?

A toma de decisións que rexen o futuro de noso planeta precisa contemplar os valores e necesidades de todos os grupos humanos. Para iso, é preciso unha maior presenza de mulleres en postos de responsabilidade e a promoción de líderes que traballen en equipo.

Son Alba e fun seleccionada como unha das 75 científicas que conforman a quinta expedición HOMEWARD BOUND, un proxecto destinado a visibilizar a figura da muller e a loitar contra o cambio climático. Tras un programa anual con expertos en liderado partiremos rumbo á Antártida en Novembro do 2020. Invítote a coñecer a miña aprendizaxe, e a que participes no impulso deste cambio!