Participa

A iniciativa ten un custo aproximado de 33.000 dólares (US) por participante, cantidade cuberta case ó 50% por patrocinadores do proxecto. Preciso reunir 17.000 dólares (US), máis uns 3.000 de gastos de expedición, para costear a miña praza. Son aproximadamente 18.000 euros. Un gran reto!

Busco o apoio de persoas e institucións interesadas en aumentar a influenza feminina na toma de decisións, particularmente en investigación e política relacionada con cambio climático. Recado o diñeiro a través de doazóns, patrocinio de empresas e falando de ciencia. Pero se se che ocorre algunha outra forma de colaborar comigo non dubides en porte en contacto!

Gustaríache formar parte?

Campaña de crowdfunding

Sabías que a Estatua da Liberdade ten moito que agradecerlle ó crowdfunding? En 1885 grazas ó aporte de miles de persoas costeouse o seu pedestal -cun 75% das doazóns sendo menores a un dólar. Se queres participar na formación desta rede internacional de 1000 mulleres que lideren un cambio en beneficio do planeta, e en particular, a miña candidatura, calquera doazón, por pequena que sexa, poderá axudarme!

Bótalle un ollo á miña campaña de doazóns aquí

Eventos de divulgación

Usando a miña experiencia como divulgadora, ofrezo charlas para centros escolares, museos, bares o calquera lugar no que alguén quere aprender de ciencia. Adáptase o formato e listo! Podemos tratar algún dos seguintes temas (todos en primeira persoa grazas á miña experiencia investigadora) o unha combinación dos mesmos:

  • Expedición ó Ártico: osos polares, 24 horas de luz e glaciares
  • Loita contra as formigas invasoras
  • Podemos aprender das formigas como organizarnos mellor?
  • Pesca e cambio climático
  • Homeward Bound (charla antes e despois da expedición Antártica)

Poder ver o dossier de actividades aquí

Patrocinadores

A túa institución está comprometida coa loita pola igualdade de xénero? A túa empresa está involucrada na construción dun mundo máis sostíbel? Aproveita a amplia cobertura internacional do proxecto para visibilizar o teu apoio e compromiso. Levo o teu logo ou produto ata a Antártida!