Homeward Bound

A iniciativa Homeward Bound aspira a construír unha rede global de mulleres dedicada a fortalecer o liderado feminino e a influír na toma de decisións en beneficio do noso planeta.
O proxecto comezou no 2016 ata agora 331 mulleres de 40 nacionalidades e 25 disciplinas científicas sumáronse á rede. O reto? Chegar a ser 1000 no 2026.
Teño o orgullo de ser unha das 80 mujeres que conforman a quinta cohorte. A partir de Novembro de 2019 recibiremos formación sobre liderado, xestión de equipos, relacións internacionais e financiación de proxectos. A experiencia culminará cunha expedición á Antártida de 3 semanas a finais do 2021. Ademais do networking e aprendizaxe, o proxecto brinda unha gran visibilidade ás súas participantes grazas á súa ampla cobertura internacional. Nun contexto no que non é frecuente que os medios de comunicación falen das mulleres na ciencia, Homeward Bound captou a súa atención -ata a data de hoxe a iniciativa chegou a mil millóns de persoas.
Que isto non pare!
Por que mulleres?
Na Unión Europa o 72% dos postos de responsabilidade en empresas están ocupados por homes [1]
En Estados Unidos é común que entre senadores, gobernadores e xuíces federais haxa máis homes chamados John que mulleres [2]
Unha de cada 3 nenas ten medo a ser líder por ser considerada «mandona» [3]
A inicios do 2017 só 15 de 146 países eran gobernados por mulleres [4]
A UNESCO sinala que a porcentaxe de mulleres investigadoras no mundo é menor ó 30% [5]
Por que a Antártida?
A Antártida é o fogar do 90% do xeo do planeta. Salvaxe e inhóspita, é unha icona da exploración polo descoñecido e un lugar de referencia para estudos científicos sobre cambio climático. E non é para menos, o avance e retroceso dos xeos do continente ten influencia a nivel planetario. Nalgunhas das súas zonas (a Península Antártica) rexistrou algún dos maiores aumentos da temperatura dos derradeiros 50 anos.
A expedición Antártida é a guinda do pastel do proxecto. Tras un ano de aprendizaxe a distancia, as 75 científicas reunirémonos nun dos lugares máis remotos do planeta para completar o desenvolvemento de habilidades básicas de liderado como a toma de decisións en equipo o a capacidade para solucionar problemas. Ademais, coñeceremos a ciencia máis pioneira sobre cambio climático, captando atención internacional cara á nosa causa [BBC, Forbes, Time, HuffPost, Vogue, etc.]
Como imos conseguilo?
– Programa virtual de liderado de 11 meses da man de expertos como Fabian Dattner ou Kit Jackson
– 3 semanas de expedición á Antártida a finais do 2021
– Sesións de coaching con Human Synergistics, expertos mundiais en liderado
– Formación sobre cambio climático da man de diferentes académicos

[1] Grant Thornton. Women in business: Building a blueprint for action (2019) pag 10
[2] Claire Cain Miller, Kevin Quealy and Margot Sanger-Kat. The top jobs were women are outnumbered by men named John. The New York Times. April 24, 2018
[3] Lisa Hinkelman. The Girls´ Index: New insights into the complex word of today´s girls. Columbus, OH. Ruling our eXperiences Inc
[4] A.W. Geiger and L. Kent. Number of women leaders around the world has grown, but they´re still a small group. Pew Research Center. March 8, 2017
[5] UNESCO Institute for Statistics (UIS). Women in Science Fact Sheet. June 2018